Convértete nunha lenda local da detección de metais
Interésache?
Un xogo de Manuel Horacio para
Detectar metais

Detectorama é un xogo de mesa temático no que serás un membro dunha asociación local adicada á detección de metais que busca o recoñecemento da comunidade detectorista. Merca equipo, pono a punto para as túas saídas, acada permisos para detectar, descobre novas localizacións nas que atopar as descubertas máis valiosas…

Detectorama. Cartas de equipo
Detectorama. Dados e cartas
Xestión de tiradas de dados

A acción principal do xogo é a detección de metais e todo xira ó seu redor; está representada por unha tirada de dados condicionada principalmente polo equipo que uses para a detección. Porén, os dados poden ser manipulados e optimizados para minguar o azar; así que antes de saíres ao campo terás que prepararte para que todo vaia ben.

Proxecto e desenvolvemento

O desenvolvemento de Detectorama comezou hai algúns anos e dende entón o xogo foi medrando, e mesmo minguando, en base ás partidas de proba e, sobre todo, grazas á opinión e as reaccións de toda a xente que o probou — grazas. O xogo está na súa recta final da fase de desenvolvemento e o seguinte paso sería editalo, xa sexa a través dunha campaña de micromecenazgo ou dunha editorial interesada.

Detectorama. Dial de desgaste de equipo
Detectorama. Taboleiro de detectorista
Coordenadas xerais

Detectorama é un xogo de mesa temático competitivo pensado para tres persoas, porén permite partidas en solitario ou en parella grazas ao seu módulo automático. Ten azar, un nivel de interacción medio, un peso aproximado de 3.5-3.8 (escala BGG) e as súas partidas adoitan levar uns 45-50 minutos por persoa. Todos os seu compoñentes son independentes do idioma.

Pero, como funciona Detectorama?

1. Obxectivos

A Royal Society of Detectorists, unha asociación local adicada á detección de metais, está a montar unha exposición; por iso demanda unha serie de combinacións de descubertas que terás que aportar o antes posible. Entregares estas descubertas á exposición hache dar recoñecemento, porén hai outros xeitos de acadalo…

2. Equipo

Para saíres ao campo cómpre xuntar un bo equipo de detección. O equipo está composto polo detector de metais, o elemento principal, e unha serie de accesorios — auriculares, baterías, pas. O teu equipo hache proporcionar máis ou menos potencia e precisión á hora de procurar.

3. Accesorios e permisos

Amais do equipo específico de detección pode que non veña mal teres certos accesorios, xa que logo nos campos podes atopar lama, cans ou cínfanos rabiosos que han entorpecer a túa procura. Tampouco estaría mal teres un permiso de detección, por se aparece a policía.

4. A detectar!

Con todo isto por fin podes ir ao campo en condicións. Hai tres zonas ás que podes ir detectar na veciñanza de Village Green. Disque en cada unha delas hai diferentes tipos de ferranchos, pero… tes botas para evitar a lama? e repelente para cínfanos? darás atopado o campo sen mapa?

 

5. Entrega as descubertas

Se deches atopado as pezas metálicas que busca a Royal Society of Detectorists, apura e entrégaas antes có resto de detectoristas. Se non, sempre podes ir á cabana do vello Terry a ver se accede a un troco de ferranchos contigo.

 

... e amais

Tamén vas ter que controlar o desgaste do teu equipo, acadar cartos para mercares novos materiais, organizar ben a túa axenda para chegares ós sitios antes de que pechen, facer doazóns á Royal Society of Detectorists
Bule ao campo antes do solpor! 

 

Queres saber máis?

Compoñentes

(Esta listaxe é provisional e orientativa)

Compoñentes xerais

  • 1 taboleiro principal
  • 10 cartas de campo
  • 12 cartas de obxecto perdido
  • 30 cartas de equipo
  • 9 cartas de fallo
  • 9 cartas de precisión
  • 15 cartas de demanda
  • 9 cartas de permiso
  • 20 cartas de accesorio
  • 4 cartas de seminario
  • 6 fichas de amuleto
  • 24 fichas de moeda
  • 30 fichas de consello
  • 3 fichas de puntuación
  • 6 fichas de vantaxe
  • 1 peón de policía
  • 20 descubertas nivel 0.1m
  • 20 descubertas nivel 0.2m
  • 22 descubertas nivel 0.3m
  • 3 discos marcadores
  • 4 bolsas de tea
  • 7 dados d6

Compoñentes para cada detectorista (x4)

  • 1 tablero de detectorista
  • 1 dial de desgaste de equipo
  • 6 cartas de trabajo/favor
  • 4 fichas de equipo
  • 1 peón de detectorista
  • 20 cubitos multiuso
  • 3 discos marcadores

Compoñentes do módulo automático

  • 1 taboleiro
  • 18 cartas

Compoñentes independentes do idioma.
Todas as cartas son de tamaño euro-mini (45x68mm), agás as cartas de campo, que son tamaño tarot (60x110mm). Compoñente de cartón ou papel. Compoñente de madeira. Compoñente doutro tipo. Este xogo non ten miniaturas.

Subscríbete á newsletter

Queres estar ao tanto do que pasa con este proxecto?

QUERO SUBSCRIBIRME
Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para podermos ofrecerche a mellor experiencia posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Cookies estritamente necesarias

As cookies estritamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferenzas de axustes de cookies.